WhatsApp Image 2018 01 15 at 13.50.41foto das duas plusmarquistas Nacionáis,  Emilia Mesa e Esther Pedrosa.

“Que maneira máis magnífica de rematar esta intensísima fin de semana para o atletismo galego” con esta expresión o Presidente da FGA Isidoro Hornillos definiría moi ben o que deu de si o Campionato de Galicia Máster de Pista Cuberta.
Se o venres O Barco de Valdeorras acollía a Gala do Atletismo Galego, o sábado e domingo a pista Cuberta de Ourense sería escenario dos Campionatos de Galicia Absolutos e Máster baixo unha enorme expectación pola estrea da instalación cuberta.
Cunha participación récord de inscritos, e que obrigaría a facer múltiples series en moitas probas, arrincaba as 11:00 horas do domingo unha nova edición, onde os veteranos acaparaban todo o protagonismo atlético.


Como era de agardar, moitísimas mellores marcas persoais serían as que non poucos dos participantes levarían consigo ó que
engadimos os nada menos que 20 novos récords de Galicia e dous récords nacionais que serían o balance final en canto a rexistros,
destos Campionatos.
Comezando cos récords autonómicos, os lanzamentos terían en Julio Fernández do Ourense Atletismo na M-75 con 8,14 m. e Xulio
Ventín do ADAS-Proinor na M-55 con 11,42 m. os seus protagonistas. De novo sería Ventín quen na pértega elevara o tope autonómico
ata os 3,00 m. e na que tanto Santiago Ferrer da S.G.P. na M-60 con 2,70 m. como Manuel Eyre do Universidade de Santiago na M-65
con 1,60 m., serían quen de elevar o nivel do ranking desta proba. Na lonxitude de novo Luis Nogueira do ADAS-Proinor, quen
simultanea á perfección a xavalina cos saltos horizontáis, chegaría ata os 4,48 m. que supoñen un novo récord na M-60. A campiona
mundial en xavalina en Korea, Ángeles Rodríguez do Club A Silva, faría o propio en altura con 1,02 na W-60.
No sector de velocidade Enrique Iglesias do Ourense Atletismo na M-70 e Manuel García do ADAS Proinor na M-75 lograrían inscribir
os seus nomes na táboa de récords dos 60 m.l. con 11.19 e 13.64 respectivamente. Nas mulleres e na proba dos 400 m. Amalia San
Martín do Egovarros na W-65 marcaría un novo récord con 1:30.27
Claudio Hornillos Baz. Area de Comunicación FGA
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
619847195
Federación Galega de Atletismo
Area de Comunicación
Os valados e como era de agardar, serían as probas máis prolíferas en canto a milloras, xa que Luis Eyre do Universidade de Santiago
na M-65 con 17.09; José Gonta de A Silva na M-50 con 10.57; Miguel López do Marineda na M-55 con 10.59; Guillermo Martínez do
C.A. A Estrada na M-35 con 9.51 e Teresa Suárez Vila do Samertolomeu na W-45 con 11.10 pulverizarían as anteriores plusmarcas.
Continuando cos rexitros galegos, no medio fondo Saturnino González do Veteranos de Ourense na M-55 con 4:40.18 e o recordman
mundial dos 800 m. José Vicente Rioseco do Egovarros de Viveiro con 5:53.42 farían o propio na proba dos 1.500 m. Xa nos 3.000 m.
o que fora campión de España de Marathon, Elías Domínguez do Miler Running sumaríase á gran festa deportiva batendo o autonómico
da M-45 con 9:07.37
Se todo esto acontecía a nivel galego a guinda do campionato chegaría da man de Emilia Mesa e de Esther Pedrosa.
A atleta e xuíz ourensá Emilia Mesa, que durante a competición recibiría unha placa de recoñocemento ás máis de 100 medallas de
ouro acadadas en Campionatos de Galicia e mesmo número en Campionatos de España, agradecería tal distinción como ela só sabe
facer. No concurso de lanzamento de peso e xa no seu segundo intento batiría o récord nacional con 9,38 m. malia que lonxe de
conformarse, sería no sexto e último lanzamento onde presenciaríamos esos formidables 9,46 m. que supoñen o definitivo récord de
España na categoría W-65 e que pulveriza, en preto de metro e medio, os 8,03 m. de Paula Pellejero que dende o ano 2008 establecera
en Zaragoza.
Seguindo cas emocións, na carreira dos 3.000 m. Esther Pedrosa do U.S. Compostela que viña avisando das súas intencións, faría
unha carreira para enmarcar na que con todo un pavillón entregado auparían a santiguesa ata a línea de meta ata parar o reloxo nuns
fantásticos 10:44.54. Esta marca desfaría o anterior tope nacional que dende o ano 2013 ostentaba Aurora Pérez con 10:55.51.
Se todo esto fora pouco, o campionato estaría a piques de contar cun novo récord nacional xa que Xosé Lois Otero Cepeda do U.S.
Compostela cun rexistro de 10:29.97 quedaría a tan só 58 centésimas da súa propia plusmarca do ano pasado.

Boquete apoya a Croacia

La atacante española y embajadora de la UEFA estuvo presente en el torneo de desarrollo de la UEFA sub-16 para...


En marcha los torneos de desarrollo

Con una intensa temporada por delante, las últimas ediciones de los torneos se están llevando a cabo en Algarve, dando...


Eventos de fútbol base en Turín

La final centra la atención en la ciudad italiana, pero la federación italiana tampoco se olvida del fútbol base y ha...


Gane una camiseta firmada por Navas

Podrá obtener una elástica autografiada por el jugador del Manchester City Jesús Navas si demuestra sus habilidades...


El legado de la final de Ámsterdam

El fútbol juvenil se ha convertido en el centro de atención en la víspera del decisivo encuentro de la Europa League,...


Resumen del año: la UEFA EURO 2016

La UEFA EURO 2016 acaparó la mayor atención durante gran parte del año en UEFA.com, pero ¿qué es lo que recuerda? Hemos recapitulado los titulares de un verano inolvidable en Francia.


Griezmann recibe el premio al mejor jugador de la EURO

El delantero francés recibió su galardón en el calentamiento del partido entre Francia y Bulgaria por los clasificatorios europeos.


Informe técnico 5 de la UEFA EURO 2016: posesión

Después de dos Eurocopas en las que el juego de posesión reportó a España grandes beneficios, el control del balón dejó de ser garantía de éxito.